Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1998, da Delegación provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Sierra de Val, no concello de Agolada, da provincia de Pontevedra, por parte de Transportes e Maquinaria, C.P., S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Transportes e Maquinaria, C.P., S.L., con domicilio en Foxo, A Estrada, presentou nesta delegación provincial o día 17 de febreiro de 1998 instancia-solicitude do permiso de investigación Sierra do Val, de 12 cuadrículas mineiras para recursos da sección C), que se sitúa no termo municipal de Agolada, da provincia de Pontevedra, e ó que lle corresponde o nº 2778 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 06' 20''42º 50' 00''

Vértice 28º 05' 20''42º 50' 00''

Vértice 38º 05' 20''42º 48' 00''

Vértice 48º 06' 20''42º 48' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 11 de xuño de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6184