Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 13 de xullo de 1998 Páx. 7.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/17-2, 4895 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. a C.T.S. Veiga, Zaera e Onte. 2ª fase.

Situación: Sarria.

Características técnicas: liña de media tensión aérea de 20 kV, con orixe en L.M.T. de Gomeán-Sarria e remate no P-O de L.M.T. a C.T.S. Veiga, Zaera e Onte (1ª fase), cunha lonxitude de

1.408 km e conductor LA-110/116.2 mm en apoios de formigón e metálicos.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 18 de maio de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5564