Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. Queirugás, no concello de Verín. (Expediente IN407A 98/109-3).

1.-Autorización administrativa.

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Situación: concello de Verín (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

1. L.M.T. aérea a 20 kV, terá unha lonxitude de 2,636 km en conductor tipo LA-56, con orixe no apoio de formigón nº 27 da L.M.T. de Verín-Laza e remate no C.T. proxectado de Queirugás.

2. C.T. intemperie terá unha relación de transformación de 20.000/380-220 V e unha potencia de 100 kVA.

3. R.B.T. aérea terá unha lonxitude de 1,508 km en conductor tipo R.Z. de aluminio en apoios de formigón, con orixe no C.T. proxectado de Queirugás.

e) Orzamento: 11.869.859 ptas.

2.-Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa isto segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3.-Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminsitracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó ministerio fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 20 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/109. Provincia: Ourense.

L.M.T., C.T. e R.B.T. Queirugás.Termo municipal: Verín.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2MolineraViñedoEufemia Domínguez

Delgado

Estrad. Laza-Caldeliñas, s/n, 32769 Caldeliñas525

3MolineraMonte baixoRamón Rodríguez GarcíaRue Calvin 9, 1204 Geneve, Suíza1214140

4MolineraMonte baixoLuisa Ferreiro Salgador/Ullastre 6-Torr, 08170 Barcelona1215150

15MolineraMonte baixoObdulia Caneiro GonzálezGrupo Tamega 1-4ºD, 32600 Verín22550

18MolineraMonte baixoErnesto CastroTintores 35, 32600 Verín10100

21MolineraMonte baixoSeverino Rúa García e fillosSan Lázaro 39, 32600 Verín3244440

23Pedra do CoutoMonte baixoLuisa Ferreiro Salgador/Ullastre 6-Torr, 08170 Barcelona26260

33Fonte dos CampoMonte baixoJosé dos Anjos de Jesús Queizás 29, 32600 Verín20200

56Fonte dos CampoMonte baixoClotilde Dopelo DapiaBarraio Ferreiros 3, 32600 Verín8224240

57Fonte dos CampoMonte baixoAgustina García SoteloSouto Laranxo 8, 32600 Verín1050

59CarboeiroMonte baixoComunal de Vilamaior

Eduardo Rivera Rodríguez

Vilamaior, s/n, 32627 Vilamaior56560

60CarboeiroPiñeiralComunal de Vilamaior

Eduardo Rivera Rodríguez

Vilamaior, s/n, 32627 Vilamaior9,1042053280

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

64CarboeiroHortaÁngel de Dios RiveraDoutor Bernardino do Campo 234F-2º, 3, Santos11212120

78ValPiñeiralComunal de Vilamaior

Eduardo Rivera Rodríguez

Vilamaior, s/n, 32600 Verín172172

80ValPiñeiralAntonio Lorenzo RuaBarrio da Cruz 37, 32627 Vilamaior1521822696

54AFonte dos CampoMonte baixoEmilio Ginzo Martínezr/Muralla 42-2º,32600 Verín550

5581