Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.857

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (121/1997-08).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, certifico: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos penais, consta a recaída nos autos de xuízo de faltas nº 121/1997, da que o encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentencia:

En Santiago de Compostela, o quince de maio de mil novecentos noventa e oito.

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 121/1997, seguidos neste xulgado sobre lesións en agresión, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciante Miguel Ángel Botana López, e os

denunciados Miguel A. Calvo Bello e Víctor Duro Rodríguez.

Debo absolver e absolvo libremente a Miguel A. Calvo Bello e Víctor Duro Rodríguez da falta de lesións pola que foron denunciados, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

E para que lles sirva de notificación en forma a Miguel A. Calvo Bello e Víctor Duro Rodríguez, con domicilio descoñecido, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o quince de maio de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

6118