Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1998, da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración consistente na adquisición de 100.000 kg de nitróxeno líquido para a conservación de seme de gando vacún, nos centros dependentes da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en Fontao-Lugo e en Fontefiz-Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

c) Número de expediente: 98/09/1168 (SU-841).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de 100.000 kg de nitróxeno líquido para a conservación de seme de gando vacún, nos centros dependentes da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en Fontao-Lugo e en Fontefiz-Ourense, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número de unidades que hai que entregar: detállanse as características do material no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: nove millóns oitocentas mil pesetas (9.800.000 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: exenta.

Definitiva: trescentas noventa e dúas mil pesetas (392.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 47 77.

e) Telefax: 981 54 47 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://xunta.es.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 7 de agosto de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 13 de agosto de 1998.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: o importe do anunio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

5903