Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 16 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foi outorgado o permiso de investigación San Salvador, número 5604.

A Delegación Provincial de Lugo fai saber que por Resolución do 12 de marzo de 1998, foi outorgado o permiso de investigación San Salvador, nº 5.604 de 47 cuadrículas mineiras para recursos de magnesita que se sitúa nos concellos do Incio e Samos, da provincia de Lugo.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 16 de marzo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5661