Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/128-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, de 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 Rianxo.

Denominación: R.B.T. Outeiro-Barral (Laxido).

Situación: Rianxo.

Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón (42), con conductor R.Z., en seccións de 25, 50, 95 e 150 mm Al, de 2.145 m de lonxitude, con orixe nos CC.TT. de Outeiro e Laxido e discorrendo polos lugares de Laxido, Lustres, Barral e Outeiro. Rianxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5148