Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 09 de xullo de 1998 Páx. 7.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/126-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 Brión.

Denominación: R.B.T. de Sabaxáns.

Situación: Brión.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón (33) e con conductor R.Z., en seccións de 25, 50, 95 e 150 mm Al, en dobre circuíto, de 1.860 m de lonxitude, con orixe no C.T. Chave de Carballo e discorrendo polos lugares de Sabaxáns, Vidaloíso, Mulial e Chave de Carballo, Brión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5345