Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/387-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee.

Denominación: instalación de L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. de Portals.

Situación: Muros.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,19 km con orixe nas L.M.T.S. a fábrica de xeo e remata no C.T. de Portals, en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al. C.T. non prefabricado de 630 kVA 20.000/380-220 V no edificio Portals (Muros). Rede de baixa tensión subterránea de 0,34 km con orixe en C.T.C. de Portals en conductor R.V.-0,6/1 kV 4x240 Al.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 21 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5211