Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/383-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. Muíño do Vento.

Situación: Muros.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV de 0,28 km con orixe na L.M.T.S. circunvalación Muros e final no C.T.C. Muíño do Vento, en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al. C.T. de 630 kVA 20.000/380-220 V en r/ Muíño do Vento. L.B.T. aérea de 0,7 km con orixe na conexión en R.V. 150 de saída C.T.C., en conductor R.Z. sobre apoio de chapa. Rede de baixa tensión subterránea de 0,7 km con orixe no C.T. Muíño do Vento, en conductor R.V. 0,6/1 kV 4x150 Al.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 21 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5213