Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/377-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución, 16, 15000 Cee.

Denominación: instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. Manda e Fornís.

Situación: Mazaricos.

Descricións técnicas: liña L.M.T. aérea núa a 20 kV de 0,634 km con orixe no apoio nº 19 da liña L.M.T. Lucín, Pino de Val e derivacións, e remata no C.T. de Manda, no conductor LA-56/54,6 mm, sobre apoios de formigón e chapa. L.M.T. aérea núa a 20 kV de 0,193 km con orixe no apoio nº 3 da liña L.M.T. ó C.T. de Manda, e remata no C.T. de Fornís, en conductor LA-56/54,6 mm, sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 100 kVA a 20.000/380-220 V en Manda. C.T. intemperie de 100 kVA 20.000/380-220 V en Fornís. Liña R.B.T. aérea de 0,3 km con orixe no C.T. de Manda, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña R.B.T. aérea de 0,875 km con orixe no C.T. de Fornís, en conductor R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 21 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5221