Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 07 de xullo de 1998 Páx. 7.688

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXAVIGO

CONVOCATORIA de asemblea xeral constituínte.

O Consello de Administración da Caixa de Aforros Municipal de Vigo-Caixavigo, en cumprimento do acordo adoptado na sesión do 25 de xuño de 1998, e a teor do previsto nos estatutos da entidade e da normativa vixente, acordou convocar asemblea xeral constituínte. A reunión terá lugar o xoves día 23 de xullo de 1998, na sala de conferencias do Centro Cultural Caixavigo, sito na rúa Policarpo Sanz nº 13, desta cidade, ás dezaoito horas en primeira convocatoria, e ás dezaoito trinta horas do mesmo día en segunda convocatoria, conforme a seguinte orde do día:

1. Confección da lista de asistentes para a determinación do quórum e constitución válida da asemblea.

2. Salutación ós conselleiros xerais.

3. Elección dos vocais do Consello de Administración.

4. Elección dos membros da Comisión de Control.

5. Lectura e aprobación, se é o caso, da acta pola asemblea.

Prégaselles ós conselleiros xerais que acudan coa necesaria anticipación, provistos do documento nacional de identidade, co fin de realizaren o cómputo de asistentes, de forma que non se demore o comezo da asemblea.

Vigo, 30 de xuño de 1998.

Ramón Cornejo Molíns

Presidente do Consello de Administración

de Caixavigo