Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 07 de xullo de 1998 Páx. 7.675

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de xuño de 1998 de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 115, do mércores 17 de xuño de 1998, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 6.788, columna 2ª, deben suprimirse as liñas 44, 45, 46 e 47.

-Na páxina 6.790, columna 2ª, liña 7, debe suprimirse «e ademais estean comprendidas nos anexos desta orde».

-Na páxina 6.791, columna 1ª, liña 7, onde di: «... dos terreos, ou, se é o caso, o cesionario do acordo co titular comprométese...», debe dicir: «... dos terreos comprométese...».

-Na páxina 6.791, columna 2ª, liña 24, onde di: «... así como certificacións xustificativas de estar o día nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social», debe dicir: «... así como de estar o día nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social. No caso de que o solicitante sexa unha empresa deberá acreditarse mediante documentación oficial e presentar alta no IAE».

-Na páxina 6.794, columna 2ª, liña 26, onde di: «22. Ha de tratamento fitocida: 18.000 ptas.», debe dicir: «22 ha de tratamento fitocida: 30.000 ptas.».

6403