Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.640

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO de demanda de financiamento.

SPI Galicia, S.A. anuncia demanda de financiamento axustada ós seguintes termos:

Modalidade: préstamo.

Importe: ata 12.000 millóns de pesetas cun mínimo de oferta de 1.000 millóns (nun ou varios tramos).

Período de disposición: ata 6 meses nunha ou varias disposicións.

Moeda: peseta.

Prazo: 10 anos.

Carencia: 2 anos.

Modalide de tipo de xuro:

-Opción A: tipo de xuro variable referenciado a Mibor a 3 meses. Poderase incorporar á operación un Collar custo cero no mesmo contrato de préstamo, dos que se fixarán as condicións unha vez outorgado o correspondente mandato.

-Opción B: tipo de xuro fixo.

(SPI Galicia, S.A. resérvase, en función dos importes ofertados, o dereito a optar por calquera das dúas opcións).

Garantías: as que se deriven do convenio marco e do PEF global de 1998 aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 15 de maio. O contrato que se asine poderá incluír dentro das causas de vencemento anticipado a modificación substancial do accionariado de SPI Galicia, S.A.

Presentación de ofertas: as ofertar dirixiranse en sobre pechado á atención do presidente de SPI Galicia, S.A., praza de Europa, 10A-5º, 15703 Santiago de Compostela, facendo constar nel, na marxe superior esquerda o seguinte: «Oferta préstamo xullo 1998».

Prazo de presentación de ofertas: as ofertas deberán presentarse antes das 12 horas do día 14 de xullo de 1998 no Rexistro de SPI Galicia, S.A.

O/os mandato/s serán outorgado/s no prazo máximo de seis días, contados desde a finalización do período de presentación de ofertas.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1998.

Juan José Novoa Montero

Presidente da Sociedade Pública de Investimentos

de Galicia, S.A.