Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

EDICTO.

A Comisión de Goberno na sesión celebrada o 18 de xuño de 1998, prestou aprobación ós pregos de condicións económico-administrativas das obras incluídas no Programa de Pequenas Infraestructuras e Equipamentos Sociais 1998.

Obras

Orzamento

execución

contrata

Prazo

execución

Pavimentación rúa Froncemil continuación26.140.0009 meses

Acceso a núcleos de poboación de Riomaior, Sequeiros e Soldón6.600.0009 meses

Saneamento núcleos de poboación de Vilar de Lor, Paradaseca e Paradela5.140.0009 meses

Abastecemento de auga a Quiroga, Freixeiro, Conceado e Campos de Vila6.751.7409 meses

As obras adxudicaranse por concurso, procedemento aberto e tramitación urxente.

Os pregos de condicións expóñense ó público polo prazo de oito días para efectos de exame e presentación de reclamacións. Coa salvidade do disposto no artigo 122.2º do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, anúnciase a licitación das devanditas obras, para que os interesados presenten as súas propostas no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publición deste edicto no DOG.

No BOP publicarase extracto da convocatoria da licitación.

Quiroga, 19 de xuño de 1998.

O alcalde

Rubricado

6347