Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/134-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Barbeita.

Situación: Miño.

Características técnicas: ramal L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 20 m de lonxitude en LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Retriz e final no C.T. que se vai construír en Barbeita de 50 kVA. Concello de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5182