Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/110-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Xesteira.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 410 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.,

desde un apoio existente da L.M.T. Gon 8.07, na súa derivación ó C.T. Carrasca, rematando no C.T. que se proxecta en Xesteira, Concello de Nigrán. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aerosubterránea, de 550 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e 100 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 8 de maio de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

5177