Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: R.B.T. Nespereira, Cabezares, Cruces, Cabanas e Albán (Sarria).
Situación: Sarria.
Características técnicas: redes de baixa tensión de 10,275 km de lonxitude total en conductor R.Z. 0,6/1 kV sobre apoios de formigón a 380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Lugo, 24 de abril de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
4942