Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 11 de xuño de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), polo que se relacionan liquidacións de xuros de demora pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Álvarez Pérez, Mario e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións de xuros de demora pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 61.2º da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 11 de xuño de 1998.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ANEXO

Interesado: Álvarez Pérez, Mario.

DNI: 35.989.477.

Enderezo: rúa Pizarro, 75, Vigo.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expediente: 4809/1989. Xuros liquidación T-1927/1991 I-25/1995.

Interesada: Estévez Álvarez, María.

DNI: 36.058.217.

Enderezo: rúa García Barbón, 97-7º C, Vigo.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expediente: 3701/1994. Xuros TPC 3/1996 liquidación T-2664/1995 I-64/1997.

Interesado: Gayarre Ruíz Galarreta, Miguel.

DNI: 15.737.856.

Enderezo: rúa Atardecer, 11, Pozuelo de Alarcón.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expediente: 13434/1989. Xuros suspensión I-58/1995.

6111