Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.592

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

VIGO ZOO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, dos servicios de vixilancia e seguridade nocturna nas instalacións deste organismo autónomo municipal.

1. Entidade adxudicadora: organismo: organismo autónomo municipal Vigo-Zoo. Dependencia: Administración.

2. Obxecto do contrato: descrición: Servicio de vixilancia e seguridade nocturna nas instalacións do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Forma: concurso.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 11.000.000 de ptas./ano.

5. Garantías: provisionais: 300.000 ptas.

definitiva: 4% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/núm. 36202 Vigo, teléfono 986 26 77 83/84.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: 26 días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios no Boletín Oficial del Estado, Diario Oficial de Galicia e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula X do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, enderezo e localidade: véxase punto 6) do anuncio.

Data e hora: 12 horas desde o día seguinte hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula XXI do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 2 de xuño de 1998.

Manuel Rodríguez López

Presidente do organismo autónomo Vigo-Zoo