Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresarios de Molduras, Manualidades y Bellas Artes de Galicia (Asemybaga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real Decreto 873/1971, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de Empresarios de Molduras, Manualidades y Bellas Artes de Galicia (Asemybaga) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: as empresas e empresarios de molduras, manualidades e belas artes que estean establecidas legalmente, que acrediten as súas altas nos IAE correspondentes.

Asinan a acta de constitución: Francisca López de Prado Nistral, 3 empresarios en nome doutras tantas empresas e 18 persoas máis.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1998.

Mª José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

5743