Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Burdallos Outeiro (Palas de Rei).
Situación: Palas de Rei.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 0.527 km de lonxitude en conductor
56/54,6 mm Al sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 100 kVA relación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión de 0.682 km en conductor R.Z.-0,6/1 kV Al.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 24 de abril de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
4952