Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/157-2, 4853 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: cambio de tensión a 20 kV en CC.TT. do Vicedo.

Situación: O Vicedo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV en conductor D.H.Z.1 12/20 kV, 1x150 mm. Oito C.T. de 100 kVA relación 20.000/420 V, dez C.T. de 50 kVA relación 20.000/420 V, dous C.T. de 160 kVA relación 20.000/420 V, tres C.T. de 250 kVA relación 20.000/420 V e un C.T. de 400 kVA relación 20.000/420 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 23 de abril de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4177