Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998 pola que se convoca a contratación, por concurso aberto, con intervención de xurado, dos traballos de redacción dos anteproxectos de construcción dos edificios para sedes dos centros comarcais da Mariña Occidental e Ordes.

Obxecto: redacción dos anteproxectos dos edificios para sede dos centros comarcais da Mariña Occidental (Viveiro) e Ordes.

Premios:

1º premio: 1.000.000 de pesetas por cada un dos centros comarcais citados, en concepto de adianto dos honorarios correspondentes á redacción do proxecto básico e de execución, que será contratado ós gañadores destes primeiros premios.

2º premio: 500.000 pesetas por cada un dos centros comarcais citados.

3º premio: 300.000 pesetas por cada un dos centros comarcais citados.

Xurado: a súa composición, funcionamento, así como os criterios de elección que utilizará, especifícanse no prego de condicións que rexen neste concurso.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de pro

posicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

Modelo de proposición: o que figura como anexo I ó prego de condicións que rexe neste concurso.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de presentación da documentación e da proposta de anteproxecto finalizará ós 30 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

6416