De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 1 de outubro de 1997 (BOE do 25 de outubro), para a provisión da praza 97/047, de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica arquitectónica, departamento de Tecnoloxía e Ciencia da Representación Gráfica desta universidade, a favor de Eloy Ruso Rey, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude
o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Eloy Ruso Rey, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica arquitectónica, do departamento de Tecnoloxía e Ciencia da Representación Gráfica, desta universidade.
A Coruña, 17 de xuño de 1998.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
5731