Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobado polo alcalde deste concello na data de hoxe o proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas que rexerán no concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) da obra que no punto 2 se indica, expóñense ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Asemade anúnciase o concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: alcaldía. Dependencia: secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición: saneamento, r/ República Arxentina (PPC/98).

Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento da licitación e criterios de selección: 9.381.582 pesetas (non se admiten baixas) e os criterios sinalados na cláusula 13ª do prego.

5. Garantías. Provisional: 187.632 ptas. Definitiva: 375.263 ptas.

6. Obtención da documentación e información. Secretaría do concello, praza de Calvo Sotelo, 36740 Tomiño; teléfono 986 62 20 01, fax 986 62 25 30, ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego.

8. Presentación das ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia. Documentación: a esixida na cláusula 10ª do prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das nove ás catorce horas.

9. Prazo de vixencia das ofertas: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

10. Apertura de ofertas: nun prazo máximo de 7 días naturais seguintes ó da data da apertura da

documentación xeral dos sobres B e anunciarase, polo menos, 48 horas antes da súa realización cun edicto no taboleiro de anuncios do concello.

11. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios.

Tomiño, 24 de xuño de 1998.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde

5665