Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-312).

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 29 de abril de 1998, acordou aprobar inicialmente o Plan parcial relativo ó SUP 1-R Carballido; delimitación do ámbito e sistema de cooperación como de actuación en Perillo.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a última publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que estimen oportunas.

Oleiros, 20 de maio de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

5615