Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1998 pola que se anuncian, polo sistema de concurso aberto con trámite de urxencia, as seguintes contratacións: obra para a reforma da igrexa parroquial de Santiago de Malvas, en Tui (Pontevedra) e subministración para o amoblamento de bibliotecas públicas municipais de nova creación: Laxe, Vilaboa-Culleredo e Carral (A Coruña), Ribadetea-Ponteareas e Xeve (Pontevedra).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, as seguintes contratacións:

-Obra para a reforma da igrexa parroquial de Santiago de Malvas, en Tui (Pontevedra):

Orzamento de licitación: 7.735.229 ptas. (sete millóns setecentas trinta e cinco mil duascentas vintenove pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-Subministración para o amoblamento de bibliotecas públicas municipais de nova creación: Laxe, Vilaboa-Culleredo e Carral (A Coruña), Ribadetea-Ponteareas e Xeve (Pontevedra):

Orzamento de licitación: 7.476.862 ptas. (sete millóns catrocentas setenta e seis mil oitocentas sesenta e dúas pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) mes.

Garantía provisional: 149.537 ptas.

Exposición da documentación: o proxecto técnico, os pregos de prescricións técnicas e os pregos de

cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

6262