Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. R.B.T. Jalea.
Situación: Miño.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, con orixe no apoio metálico existente e final no paso aero-subterráneo proxectado, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoio metálico. L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 0,03 km con orixe no paso aero-subterráneo proxectado e final no C.T. proxectado, en conductor T.H.V. 12/20 kV 3x240 Al. C.T. prefabricado de 400 kVA 15.000/380-220 V en Jalea.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 21 de abril de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
4897