Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución de expedientes sancionadores 47/97 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a proposta de resolución de expedientes instruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 47/97.

Denunciado: Construcciones Piñeiro.

Enderezo: Ardia, 36989 O Grove (Pontevedra).

Nº de expediente: 182/97.

Denunciado: Construcciones y Promociones Salvaterra do Miño, S.L.

Enderezo: Conde de Torrecedeira, 98-3º A, 36202 Vigo.

Nº de expediente: 296/97.

Denunciado: Emilio Sobral Sanmartín.

Enderezo: Sobral, Santo André de Xeve, 36150 Pontevedra.

Nº de expediente: 68/98.

Denunciado: Chan de Amoedo, S.L.

Enderezo: Amoedo, 36840 Pazos de Borbén (Pontevedra).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir de seguinte ó da publicación deste edicto para poderen examina-los expedientes no Servicio de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (rúa Said Armesto, 1, Pontevedra) e presentaren ante o citado servicio as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 15 de xuño de 1998.

José Enrique Pardo Landrove

Xefe do Servicio de Estradas

6053