Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.512

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1998 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica e Organización Escolar, a Antonio Florencio Rial Sánchez (praza 1506/1997).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 28 de xullo de 1997 (BOE do 29 de agosto), para a provisión da praza de profesor titular de universidade, da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Antonio Florencio Rial Sánchez e tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos ós que alude o artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antonio Florencio Rial Sánchez, profesor titular de universidade da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela (en funcións)

5826