Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación da redacción de proxectos e execución das seguintes obras:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto e construcción das obras de mellora das infraestructuras náutico-turísticas nas augas interiores da provincia de Lugo, denominadas instalacións náuticas en Doade (río Sil) (segunda fase) e instalacións turísticas (cámping) en Augasmestas (Quiroga).

b) División por lotes e número: un só lote.

c) Lugar de execución: Doade (Monforte de Lemos) e Augasmestas (Quiroga).

d) Prazo de execución: oito (8) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 121.000.000 de ptas.

5. Garantías:

Provisional: dous (2) por cent0 (100) do orzamento de licitación, depositada na caixa desta deputación provincial.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: rúa San Marcos, nº 8.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 22 50 11 (extensión 216).

e) Telefax: 982 25 22 13 e 982 24 49 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: día anterior hábil ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo C, subgrupos complementos, categoría d.

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: trinta (30) días naturais, desde o seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a sinalada para o efecto no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Deputación Provincial de Lugo, rexistro xeral, de 10 a 14 horas.

Admítense as propostas presentadas por correo, dentro do mesmo prazo, pero o empresario deberá xustifica-la data da imposición do envío na oficina de correos, anunciándolle á Deputación Provincial a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama no mesmo prazo. Igualmente serán admitidas aquelas que o efectúen nos organismos regulamentariamente establecidos para o efecto, debendo efectua-la notificación anteriormente sinalada a este organismo provincial.

2ª Domicilio: rúa San Marcos, nº 8.

3ª Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo. Secretaría Xeral. Mesa de contratación.

b) Domicilio: rúa San Marcos, nº 8.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: quinto (5) día hábil contado desde o seguinte á finalización de presentación das ofertas.

e) Hora: doce (12) horas.

10. Outras informacións: na Sección de Plans Provinciais e Contratación-Negociado de Plans Especiais.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Lugo, 29 de maio de 1998.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario

5613