Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobados polo alcalde deste concello, o 22-4-1998, os proxectos técnicos, e o 22-6-1998, os pregos de condicións económico-administrativas que rexerán nos concursos por procedemento aberto (tramitación urxente) das obras que no punto 2 se indican, expóñense ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Asemade anúnciase o concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: alcaldía. Dependencia: secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición:

a) Saneamento en Tomiño (orzamento de execución): 7.331.872 ptas.

b) Saneamento en Goián (orzamento de execución): 6.444.589 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamentos da licitación e criterios de selección. Os indicados no punto dous (non se admiten baixas) e os criterios sinalados na cláusula 13ª do prego.

5. Garantías provisionais.

a) Saneamento en Tomiño. Provisional: 146.637 ptas. Definitiva: 293.275 ptas.

b) Saneamento en Goián. Provisional: 128.892 ptas. Definitiva: 257.784 ptas.

6. Obtención da documentación e información. Secretaría do Concello, praza de Calvo Sotelo, 36740 Tomiño; teléfono 986 62 20 01, fax 986 62 25 30, ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Os especificados no prego.

8. Presentación das ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (DOG). Documentación: a esixida na cláusula 10ª do prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das nove ás catorce horas.

9. Prazo de vixencia das ofertas. 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

10. Apertura de ofertas. Nun prazo máximo de 7 días naturais seguintes ó da data da apertura da documentación xeral dos sobres B e anunciarase, polo menos, 48 horas antes da súa realización cun edicto no taboleiro de anuncios do concello.

11. Gastos dos anuncios. Por conta dos adxudicatarios.

Tomiño, 23 de xuño de 1998.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde

6188