Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

Obxecto: contratación mediante concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia da obra de ampliación da iluminación pública do concello (Orde do 13-1-1997 da Consellería de Industria e Comercio. Realización de investimentos co obxecto de reduci-la incidencia do factor enerxético na estructura de custos).

Prezo: 14.094.651 ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: 3 meses. Data límite de execución en todo caso: 10 de novembro de 1998.

Garantía provisional: 281.893 ptas.

Garantía definitva: 563.786 ptas.

Presentación de ofertas: no rexistro xeral do concello dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte á inserción deste anuncio no último diario oficial no que se publique (DOG ou BOP). De luns a venres e de 9 a 14 horas.

Apertura de ofertas: o quinto día hábil seguinte de remata-lo prazo de presentación de proposicións.

Proposicións: presentaranse en dous sobres (nº 1 e 2) de acordo cos modelos e contidos que se recollen no prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán o contrato.

Nota: a adxudicación deste contrato e o seu asinamento quedará diferido, de se-lo caso, ata que veña firme a aprobación definitiva do orzamento municipal para 1998, aprobado inicialmente con data do 2 de xuño do ano en curso.

Prego de cláusulas administrativas particulares: serán os utilizados na anualidade de 1997 para a realización de investimentos co obxecto de reduci-la incidencia do factor enerxético na estructura de custos da corporación do 3 de xullo de 1997, coas modificacións introducidas pola alcaldía con data do 17 de xuño de ano en curso, modificacións do prego que se expoñen o público mediante este anuncio polo prazo de oito días hábiles, quedando suspendido o procedemento de licitación se durante este tempo se presentasen alegacións a estes pregos e mentres estes non se resolvesen.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Rianxo, 18 de xuño de 1998.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde

5660