Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso polo procedemento aberto, da asistencia técnica para a posta en marcha, tramitación e control do canon de saneamento aplicable ós usos domésticos, anos 1998-2001, de clave OH.088.154/A.T.

Concurso: procedemento aberto.

Orzamento: 98.560.560 ptas. (noventa e oito millóns cincocentas sesenta mil cincocentas sesenta pesetas).

1. Nome, enderezo, teléfono e telefax do poder adxudicador: organismo Autónomo Augas de Galicia, edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela, A Coruña (España), teléfono: 981 54 45 51, telefax: 981 54 45 29.

2. Categoría do servicio e descrición. Número de referencia da CCP: categoría 12. Número de referencia da CCP 867.

3. Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

4. a), b), c) Cualificación profesional do persoal responsable: é a indicada no apartado 8 do prego de prescripcións técnicas particulares.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate: non existe posibilidade.

6. Variantes: os licitadores poderán introducir nas súas proposicións as modificacións que poidan facelas máis convenientes para a realización do obxecto do contrato.

7. Prazo de execución do contrato: 36 meses.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: organismo autónomo Augas de Galicia. Edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela, A Coruña (España). Teléfono: 981 54 45 51.

b) Data límite para a presentación de proposicións: 27 de agosto de 1998, ás 12 horas.

9. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das plicas: acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura: sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, día 7 de setembro de 1998, ás 10 horas.

10. Fianza e garantías esixidas.

a) Fianza provisional: dispensada en virtude do artigo 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, polo que se modifica o artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

b) Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de contrata (3.942.422 ptas.).

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes: o pagoamento efectuarase por certificación mensual aprobada polo presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, obténdose a súa contía a partir da aplicación dos prezos unitarios ás unidades de obra realmente executadas.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxu

dicataria do contrato: poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

13. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalía-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria: requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a) e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo I, subgrupo 2, categoría B, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

17. Data de envío do anuncio: 26 de xuño de 1998.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 26 de xuño de 1998.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

6185