Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, das obras de clave OH.215.431 e dúas máis.

1. Obra:

1.1. Abastecemento de augas ó concello de Oza dos Ríos. (Oza dos Ríos-A Coruña).

Clave: OH.215.431.

Orzamento: douscentos dous millóns seiscentas cincuenta e nove pesetas (202.000.659 ptas).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

1.2. Distribución do abastecemento de auga a Mazaricos. (Mazaricos-A Coruña).

Clave: OH.215.432

Orzamento: cento trinta millóns duascentas trinta e cinco mil cincocentas cincuenta e oito pesetas (130.235.558 ptas).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

1.3. Ampliación do abastecemento de auga a varias parroquias. (Abegondo-A Coruña).

Clave: OH.215.433

Orzamento: sesenta e nove millóns cento trinta e tres mil vintecinco pesetas (69.133.025 ptas).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

2. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

3. Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase a fianza provisional indicada na alínea 1 anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2º do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

4. Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día vinte (20) de xullo de 1998.

6. Apertura das proposicións: a apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día trinta (30) de xullo de 1998.

7. Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

6193