Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 193/1997).

Outorgada a declaración de utilidade pública por resolución desta delegación do 25 de marzo de 1998, que leva implícita a urxente ocupación de conformidade con artigo 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, para execución das instalacións eléctricas que máis abaixo se describen, a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na rúa Avda. de Arteixo, nº 171, 15009 da Coruña.

En cumprimento dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 de seu Regulamento do 26 de abril de 1957, fáiselles saber ós interesados propostos como titulares dos predios que se conteñen nas relación anexas, que

o representante e o perito da Administración se constituirán o día 25 de xuño de 1998 nos predios para a toma de datos e levantar a continuación nas oficinas da Casa do Concello as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens e os dereitos afectados por expropiación ou servidumes, a partir das horas que seguen:

Expediente número 193/1997.

Liña eléctrica a 20 kV con orixe no apoio nº 20 da liña Pedrido-Betanzos, C.T. e R.B.T. no lugar de Gas no termo municipal de Betanzos.

A partir das 11.30 horas predio/s núm/s 1, 2, 3, 4, 5, 6, 8, 9, 10, 12 e 13.

Advírteselles ós interesados, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que deben concorrer ó acto por si ou persoas que os representen, e se así o coidan cos seus peritos e un notario pola súa conta, podendo facer manifestacións nel e achegar datos que sexan útiles, e formular alegacións por escrito ata o citado levantamento, para os únicos efectos de emendar posibles erros das relacións.

A Coruña, 5 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 193/1997. Provincia: A Coruña.

L. media tensión ó C.T. Gas.Termo municipal: Betanzos.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1A NogueriaPradoFrancisco López CortésSouto 8, 15314 Paderme10135

2A NogueriaMonte baixoLeopoldo González de la MazaReal 1, 15003 A Coruña24205

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3A NogueriaViñedoFrancisco Porto NúñezSouto de Gas 6, 15319 Betanzos1228280

4A NogueriaViñedoLeopoldo González de la MazaReal 1, 15003 A Coruña31310

5A NogueriaPradoJosé Doporto DizPintor Seijo Rubio

21-2º Esq., 15300 Betanzos

655

6A NogueriaLabradíoManuel Diz CortésSouto, Gas 10, 15319 Betanzos92770

8Os FerrásLabradíoManuel Diz GabínSouto, Gas 10, 15319 Betanzos19190

9A CurtiñaLabradíoLeopoldo González de la MazaReal 1, 15003 A Coruña2227208

10A CurtiñaLabradíoJosé Dopico GarcíaSouto, Gas, A Rúa 3, 15319 Betanzos60926

12Tras das bodegaLabradíoLeopoldo González de la MazaReal 1, 15003 A CoruñaC.T.6811208

13Tras das bodegaFroiteirasJosé Dopico GarcíaSouto, Gas, A Rúa 3, 15319 Betanzos7200

5355