O Consello de Administración do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), en sesión celebrada o día 1 de xuño, acordou optar polo sitema de concurso para a asistencia de montaxes, atrezzo e coordinación co IMCE para a realización de tódolos actos festivos que se celebrarán do 1 de agosto ó 1 de setembro do presente ano, con motivo das festas María Pita 1998, aprobando para o efecto o prego de condicións que haberá de rexelo, o cal queda exposto ó público nas oficinas do IMCE, durante o prazo de oito días hábiles que determina o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.
Asemade, e para o caso de que non se presenten reclamacións contra el, anúnciase a licitación, de acordo coas seguintes condicións:
Obxecto: é obxecto deste concurso a contratación da asistencia de montaxes, atrezzo e coordinación co IMCE para a realización de tódolos actos festivos que se celebrarán do 1 de agosto ó 1 de setembro do presente ano, con motivo das festas María Pita 1998.
Tipo de licitación: o orzamento máximo é de 11.500.000 ptas. (IVE incluído).
Garantías: para optar ó concurso deberá constituírse previamente, por calquera dos medios que autoriza a Lei de contratos das administracións públicas, unha fianza provisional de 230.000 ptas. en calquera das formas que autoriza a Lei 13/1995.
Modelo de proposición: as proposicións axustaranse ó seguinte modelo:
«Don/Dona... con domicilio en... rúa de... nº... provisto/a de DNI nº ..., actuando en nome propio (ou en representación de... ), informado/a do anuncio para contratar polo sistema de concurso a asistencia de montaxes, atrezzo e coordinación co IMCE para a realización de tódolos actos festivos que se celebrarán do 1 de agosto ó 1 de setembro do presente ano, con motivo das festas de María Pita 1998, así como do prego de condicións regulador da licitación, aceptando integramente o seu contido e comprometéndose a acatalo, formula proposición optando á súa adxudicación polo prezo de... (IVE incluído).
En proba de aceptación de tales compromisos deixa asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifica co que xunta resgardo.
Data e sinatura do/a propoñente».
Presentación de proposicións: presentaranse en dous sobres pechados no Rexistro Xeral de Entrada do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (Avda. Alfonso Molina s/n, edificio Coliseum), en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. No caso de resultar sábado, domingo ou festivo o día da finalización deste prazo, quedará este automaticamente prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.
Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia nas oficinas do Instituto Municipal Coruña Espectáculos.
A Coruña, 2 de xuño de 1998.
José Luis Méndez Romeu
Presidente do Instituto Municipal Coruña
Espectáculos
5619