Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.397

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO MUNICIPAL CORUÑA ESPECTÁCULOS

ANUNCIO do concurso para a instalación e tramitación da subministración de enerxía eléctrica na iluminación artística durante as festas de María Pita 1998.

Por resolución da presidencia con data 22 de maio aprobouse o prego de condicións correspondente ó concurso para a contratación da instalación e tramitación da subministración da enerxía eléctrica na iluminación artística durante as festas María Pita 1998, o cal queda exposto ó público nas oficinas do IMCE, durante o prazo de oito días hábiles que determina o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Asemade, e para o caso de que non se presenten reclamacións contra el, anúnciase a licitación, de acordo coas seguintes condicións:

Obxecto: é obxecto deste concurso a contratación da instalación e tramitación da subministración da enerxía eléctrica na iluminación artística durante as festas María Pita 1998.

Tipo de licitación: o orzamento máximo é de 3.200.000 ptas. (IVE incluído).

Garantías: para optar ó concurso constituirase previamente, por calquera dos medios que autoriza a Lei de contratos das administracións públicas, unha fianza provisional de 64.000 ptas. en calquera das formas que autoriza a Lei 13/1995.

Modelo de proposición: as proposicións axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/Dona... con domicilio en... rúa de... nº... provisto/a de DNI nº ..., actuando en nome propio (ou en representación de... ), informado/a do anuncio para contratar polo sistema de concurso a instalación e tramitación da subministración da enerxía eléctrica na iluminación artística durante as festas María Pita 1998, así como do prego de condicións regulador da licitación, da que acepta integramente o contido e se compromete a acatar, formula proposición optando a súa adxudicación de acordo coas seguintes condicións económicas:

En proba de aceptación de tales compromisos deixa asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifica co que xunta resgardo.

Data e sinatura do/a propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no Rexistro Xeral de Entrada do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (Avda. Alfonso Molina s/n, edificio Coliseum), en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio

de concurso no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. No caso de resultar sábado, domingo ou festivo o día da finalización deste prazo, quedará este automaticamente prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia nas oficinas do Instituto Municipal Coruña Espectáculos.

A Coruña, 28 de maio de 1998.

José Luis Méndez Romeu

Presidente do Instituto Municipal Coruña

Espectáculos

5483