Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1998 pola que se anuncia poxa para a contratación das obras de nova pavimentación e conversión en peonil da rúa Cruz Vermella e praza Eugenio Montes.

Cometido un erro na clasificación esixida para a contratación da obra de nova pavimentación e conversión en peonil da rúa Cruz Vermella e praza Eugenio Montes, con data do 7 de maio de 1998, acordou dispor de novo a apertura do procedemento de adxudicación.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

1.3. Número de expediente: Ref. 1114.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto, para a contratación do proxecto de nova pavimentación e conversión en peonil da rúa Cruz Vermella e praza Eugenio Montes.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do planeamento e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 150 días.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Trámite: ordinario.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación:

4.1. Importe total: 47.565.706 ptas.

5. Fianzas:

5.1. Provisional: 951.314 ptas., correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 1.902.628 ptas., correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

6.2. Enderezo: r/ Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

6.4. Teléfono: 986 38 81 33.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación das proposicións: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na Praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense, no salón de sesións.

9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

9.3. Localidade: Ourense.

9.4. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 14 de maio de 1998.

O alcalde

Rubricado

5990