Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARALLA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 22 de xuño de 1998, aprobou o prego de condicións económico-administrativas que rexerán no concurso, con procedemento aberto e trámite urxente, da contratación da obra de pavimentación de accesos os núcleos de poboación de Vilarpunteiro, Lebruxo, Vilartelín, Sta. Marta, Pacios, Mazaille e Penarrubia incluída no PIEL-98.

Exponse ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó de inserción do último anuncio no DOG ou BOP, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se se producisen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Baralla.

2. Obxecto de contrato: a execución da obra sinalada ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitadción: fíxase na cantidade de 19.662.933.

5. Prazo de execución: 9 meses

6. Garantías: provisional polo importe do 2% do orzamento do contrato e definitiva do 4% sobre o mesmo orzamento.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do último anuncio no DOG ou BOP. Se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións na cláusula 9ª.

8. Apertura de plicas: pola mesa de contratación, na Casa do Concello ás 12 horas do día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado, en que se trasladará ó luns seguinte.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Criterios de adxudicación: por orde descendente de importancia, serán os seguintes:

a) Mellora de obra.

b) Menor prazo de execución da obra.

c) Obras realizadas para este concello.

d) Obras realizadas para outras administracións públicas.

Baralla, 23 de xuño de 1998.

Manuel J. González Capón.

Alcalde

5498