De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan os acordos de iniciación dictados en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.
A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1 d) da Lei orgánica 1/1992.
Noméase instructora do expediente á xefa da Sección de Asociacións e Espectáculos, Margarita Olmo Bosco, e secretaria á xefa de grupo, Mª Teresa Iglesias Lugrís que, poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8.
No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
A Coruña, 25 de maio de 1998.
Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña
ANEXO
Número expediente: 358/1998.
Denunciado: Artisane S.C..
Enderezo: Rúa Gómez Ulla nº 18, Santiago de Compostela.
Establecemento: Discoteca Factoría.
Precepto infrinxido: 26.E) Da L.O. 1/1992.
precepto sancionador: 28 Da L.O. 1/1992.
Multa máxima: ata 50.000 ptas.
5478