Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 3 de xuño de 1998, da Delegación Territorial de Celeiro-Viveiro (Lugo), pola que se fai pública, para efectos de notificación, a resolución dos expedientes sancionadores 189/97-LU e 221/97-LU.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a resolución dos expedientes sancionadores por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (Diario Oficial de Galicia nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os mencionados interesados dispoñen dun prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó desta publicación, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro - Viveiro (Lugo), Avda. Ramón Canosa s/n, e presenta-lo recurso ordinario dentro do mesmo prazo, perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1991, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro).

Nº de expediente: 189/1997-LU.

Denunciado: José Ponce Montero.

DNI: 32.616.125.

Enderezo: rúa da Silva-17-1º. Cedeira (A Coruña).

Preceptos infrinxidos: 6.7 e 6.12 da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cen mil (100.000) pesetas.

Nº expediente: 221/1997-LU.

Denunciado: José Leonardo Aneiros García.

DNI: 76.391.241.

Enderezo: Régoa-Pontigas. Cedeira (A Coruña).

Preceptos infrinxidos: 6.7 e 6.10 da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cincuenta mil dúas (50.002) pesetas.

Celeiro-Viveiro, 3 de xuño de 1998.

Pablo R. Fernández Asensio

Delegado territorial de Celeiro-Viveiro (Lugo)

5519