Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 8/1998).

Para os efectos previstos do Decreto 205/1995, do 6 de xuño, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese á información pública a solicitude da empresa Gamesa Promoción Eólica, S.A., con domicilio na Avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, de Santiago de Compostela, para a autorización administrativa do parque eólico de Forgoselo, conforme os seguintes datos:

Concellos afectados: A Capela e San Sadurniño.

Superficie afectada: 27,024 km.

Coordenadas: V (574.000 W, 4.816.500 N), V (581.500 W, 4.816.500 N), V (581.500 W, 4.812.000 N), V (577.000 W, 4.812.000 N).

Potencia que se vai instalar: 25 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presenta-las solicitudes en competencia axustándose ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 14 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5347