Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.360

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fan públicas as listas definitivas de admitidos e excluídos do procedemento para que os funcionarios de carreira do corpo de mestres poidan adquirir novas habilitacións.

Para dar cumprimento na forma máis adecuada ó disposto no número 12 da Orde do 16 de abril de 1998 (DOG do 28 de abril), pola que se convoca procedemento para que os funcionarios de carreira

do corpo de mestres poidan adquirir novas habilitacións, vistas as reclamacións presentadas contra a lista provisional de admitidos e excluídos, publicada pola Resolución do 27 de maio de 1998 (DOG do 8 de maio).

Esta dirección xeral resolveu elevar a definitivas as mencionadas relacións, coas modificacións que se conteñen no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1998.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

5540