Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.359

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1998, do tribunal II-1, nomeado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó grupo II categorías 2, 11 e 20, pola que se anuncia a puntuación da fase de concurso.

De conformidade coas bases II.1.1.4 e II.1.4 da orde do 2 de decembro de 1996 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso ó grupo II categoría 2, ATS, DUE, enfermeiro/a, 11 fisioterapeuta e 20 terapeuta ocupacional, anúnciase que están expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, así como nas súas delegacións provinciais, as listas coa puntuación dos aspirantes correspondentes á fase de concurso das categorías sinaladas.

Os interesados afectados poderán formula-las alegacións que consideren pertinentes no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Jaime Bouzada Romero

Presidente do tribunal II-1

6195