Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.354

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta levantada pola comisión negociadora do convenio colectivo de ámbito provincial para o persoal de limpieza da empresa contratista deste servicio no centro residencia docente e IESP de Ourense.

Visto o texto da acta levantada pola comisión negociadora do convenio colectivo para o persoal de limpieza da empresa contratista deste servicio no centro residencial docente e no IESP (código nº 3200671) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, pola empresa, e, da parte social, pola delegada de personal na xuntanza celebrada o día 18-5-1998, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º,

do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación á representación económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 28 de maio de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio do persoal de limpieza da empresa

contratista deste servicio no CRD e IESP

de Ourense.

Prórroga.

Reunidos, dunha parte, Manuel Elías Pérez Álvarez en representación de Maconsi, S.L. actual contratista do servicio de limpeza no CRD e IESP de Ourense e, por outra, María José Lorenzo Pascual, delegada de persoal do dito servicio en representación dos traballadores

ACORDAN:

Que, segundo establece o artigo 2 do convenio do persoal de limpeza da empresa contratista deste servicio no centro residencial docente e IESP de Ourense, prorrogado desde o 1 de xullo de 1997 ó 30 de xuño de 1998.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xullo de 1996 ata o 30 de xuño de 1997, e manterá a súa vixencia e prorrogarase ata a substitución por outro convenio, tanto no contido normativo coma obrigacional.

Non obstante, a denuncia do convenio non significará modificación ningunha do seu texto articulado, que continuará vixente ata a súa substitución polo novo, nos termos que as partes establezan. Se se produce a denuncia escrita de calquera das partes dentro dos dous últimos meses de vixencia, a comisión negociadora deberá reunirse dentro dos 20 días seguintes á denuncia sinalada anteriormente.

E a disposición adicional sétima:

No caso de chegar a prorrogar este convenio, e mentres non se substitúa por outro, os traballadores acollidos a el rexeranse, tanto nos aspectos sociais coma económicos, en todo momento, polo previsto no convenio do persoal laboral da Xunta de Galicia, vixente en cada momento. A excepción da disposición adicional primeria (subrogación) que se rexerá polo convenio provincial de limpeza de edificios e locais de Ourense, tamén vixente en cada momento.

Que o convenio 96-97 queda prorrogado e ratificado desde o 1 de xullo de 1998 ó 30 de xuño de 1999 nas ditas condicións.

E para que conste, asinan o 28 de de maio de 1998.

A empresaA delegada de persoal

5895