Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 29 de xuño de 1998 Páx. 7.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, da obra de reparacións varias no CP Pío Cabanillas Gallas-Castro. Dozón (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

A) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

B) Centro directivo: Delegación Provincial de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reparacións varias no CP Pío Cabanillas Gallas-Castro. Dozón (Pontevedra).

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento da obra: 10.000.000 de ptas., IVE incluído.

d) Fianza definitiva: 400.000 ptas.

e) Clasificación: non se esixe.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación xeral A, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica C, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas B, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición

dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono 80 59 06.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 19 de xuño de 1998.

P.D (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Antonio Fraga Boullosa

Delegado provincial de Pontevedra

4243