Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.288

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

CITACIÓN da Dependencia Provincial de Recadación de Toledo para notificacións.

Ó non ser posible realiza-la notificación ó interesado ou ó seu representante por causas non imputables á Administración tributaria, e unha vez intentado por dúas veces, no cumprimento do disposto no artigo 105.6º da LXT (redacción por Lei 66/1977), cítase o interesado ou o seu representante para ser notificado por comparecencia na sede desta Dependencia Provincial de Recadación, en Toledo, na rúa Alfonso X o Sabio, número 1. No caso de non comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación desta citación, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do dito prazo, de acordo co disposto no artigo 103.3º do RXG (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro) nos seguintes termos: que non tendo sido satisfeita a débeda de referencia no prazo do ingreso en período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da LXT, o órgano competente acordou:

«No uso das facultades que me confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido o recargo de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio e garantías do debedor, no caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».

E ademais, teráselle por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que finalice a substanciación do procedemento, sen prexuízo do dereito que o asiste para comparecer.

Toledo, 6 de maio de 1998.

Francisco Javier Pajares Álvarez

Xefe da Dependencia de Recadación

Datos do contribuínteConcepto/Descrición/Obx. Trib.Clave liquidaciónImporteF. Pro. Ap.

B45223807

Cereales Cicuendez-Romero, S.L.

r/ Victoria, 11

Puebla Almor.

Sanción Exp.: 1996/XC309C1100097150035147300.00016-12-1997

04133127G

Llave Sánchez, Aurelio

Pz/ Sta. Leocadia, 8, 8-A

Talavera Rei.

Sanción Exp.: 1995/LU135C1100097270056103300.00016-12-1997