Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

ANUNCIO de adxudicación da asistencia técnica para a realización dunha auditoría do exercicio económico orzamentario de 1997 no ente público Portos de Galicia, polo procedemento de concurso público aberto e trámite de urxencia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: ente público Portos de Galicia, praza de Europa, nº 5-A, 6º B, Ed. Área Central, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicios Centrais do ente público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: SC.-Asist- Cons 01/98.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a realización dunha auditoría do exercicio económico orzamentario de 1997 no ente público Portos de Galicia.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 83, do 4 de maio de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe total: 3.000.000 de ptas.

5. Adxudicación:

a) Data : 12 de xuño de 1998.

b) Adxudicatario: Coopers & Lybrand , S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 2.900.000 ptas.

6. En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fín á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso- administrativo perante o Tribunal Superior de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

5506